Linfoma B difuso de células grandes
É unha categoría heteroxénea, non unha soa enfermidade. O comportamento adoita ser moi agresivo, polo que o tratamento ten que ser instaurado o máis rápido posible tras o diagnóstico. Pódese asociar a inmunodeficiencia, tanto conxénita como adquirida, e a estados de inmunosupresión(transplante, etc); nestes casos asóciase xeralmenta a infección polo virus de Epstein‑Barr.
Clínica
A localización e manifestación clínica máis frecuentes son as adenopatías, pero son tamén comúns os casos extraganglionares, en practicamente calquera órgano. Entre estes destacan os linfomas B de células grandes primarios do SNC ou os primarios mediastínicos (previamente coñecidos como “ linfomas B de células grandes mediastínicos esclerosantes”).
Morfoloxía
Obsérvase un borramiento da arquitectura ganglionar, cun crecemento difuso de células grandes que mostran marcado pleomorfismo, citoplasma abundante e nucléolo/s prominente/s. Nas variantes máis anaplásicas poden apreciarse células multinucleadas que lembran ás de Reed‑Sternberg.
O perfil inmunohistoquímico mostra expresión de marcadores de liñaxe B, como CD19, CD20 e CD79a.
Tratamento
En liñas xerais, faise esquema R-CHOP. En caso de recaídas ou ser refractario ao tratamento, emprégase terapia CAR-T antiCD19.
Lembra
Linfoma B difuso de células grandes
Asociado a VEB
Adenopatías
SNC e mediastino
CD79a+
R-CHOP/CAR-T




