Leucemia mieloide crónica


Caracterízase por un aumento da serie mieloide e marcada leucocitose. É característica a t(9;22) do cromosoma Filadelfia, producindo o xene de fusión ABL/BCR.

Clínica
Na metade dos casos é asintomática e descúbrese como achado casual nunha analítica. Entre as manifestacións clínicas, destacan os síntomas constitucionais, o síndrome anémico e a hepatoesplenomegalia, presente en máis do 90% por infiltración.

Morfoloxía
En sangue periférica aparece leucocitose a expensas da serie granulocítica, con predominio de neutrófilos segmentados e ausencia de hiato leucémico (células en todos os estadios maturativos). Tamén aparece trombocitose e anemia.
Ademais, unha diminución moi acusada (ou incluso a ausencia) da actividade da fosfatase alcalina granulocitaria (FAG) é un dato diagnóstico especialmente útil, porque permite diferenciar a LMC doutras causas de leucocitose.
A medula ósea é hipercelular, cun aumento da relación mieloide/eritroide (10:1) e marcada hiperplasia granulocítica. Tamén se observan megacariocitos pequenos e hipolobulados.



Tratamento
É importante coñecer o tratamento de primeira liña con imatinib, nilotinib ou dasatinib (inhibidores da tirosina cinasa), xa que se administran de forma indefinida e permiten unha supervivencia practicamente equivalente á da poboación xeral.